|
|
|
amor, ti paseando a Muralla, eu aí, coma quen di á volta da esquina, alerta, velando armas e soñando coa felicidade... ¡e mira ti as tonterías que se me pasan pola cabeza e as cousas que acontecen na vida!
Tiñas o costume de recobrar os amigos da infancia -eu non reparara, blindado como estaba no vello idioma da mocidade- e tiñas cobiza das luces, medo a saltar sen mirar -para non perder o significado, dicías-, e non agardabas polo insomnio instalado na fatiga dos colegas e na conciencia dos fracasados.
Mentres eu na UCI contabilizaba perdas e ganancias da obra da miña vida -contento coma cando de neno facía coa miña navalla rodicios da raíz do nabo para xogar aos muíños de auga nas congostras da aldea (hoxe mero resplandor da inocencia abandonada)-, mentres contabilizaba, un violín soaba e eu soñaba que nós-os-dous (¡por favor, que este momento nunca acabe...!), ...soñaba que nós-os-dous, unha lixeira brisa, collidos-das-mans... Hai días nos que... ¡que insaciables as cartas que a imaxinación me xogaba!
Na televisión informan de cambios pero da cerna nada nada cambia. A intolerancia de funeral en funeral (funciona/los hicimos mierda: unha reflexión sobre a Guerra do Golfo, de Harold Pinter). A intolerancia -ave fénix que entra polos ventanais, sen epitafio-, a intolerancia, en plena recreación: Las bombas estallan/Las piernas estallan/Las cabezas estallan/Los brazos estallan/Los pies estallan/La luz se apaga, Harold Pinter...
O que trato de dicirche é que estás anclada en min, e que teño triste o corazón.
Nesta historia tamén florecen, firme que é a sentencia, cicatrices (herencia de promesas rotas), olor a renuncias secretas e áridas músicas nun ramo de lilas murchas.
Autor: j. estévez l. páxina web: www.mortenamuralla.com, e nela publicada unha novela que se pode baixar totalmente gratis: MORTE NA MURALLA (UNHA HISTORIA DE AMOR CON FINAL FELIZ) |