|
alkionehoxe/poesía
Francisco
Xosé Domínguez Méndez
A
João César Monteiro
Nesa cidade que eu amo
compañeiros,
branca e na que gostamos
atravesar o Tejo ata
Cacilhas.
Cidade acariñada polas putas
lavercas que agochan o diñeiro
no ventre de unha boneca de trapo.
Tensamos noso pranto nesas rúas
bébedos de luz e fermosura,
coa alma aberta cara o Atlántico.
|