|
alkionehoxe/poesía
Brumario
Minus Bálido
Descargar o libro pdf
Vou ben
Autoafirmación farto de temor prosigo:
Dígoche que en parte algo de certo hai

Neso dos anos
Pero o tempo é o de menos
De máis están moitas cousas
Como a guerra
A represión auto-contra
As influencias de todos os canais
De todos os medios de todos os modos
Están de máis para quén se
vé influenciado
E dictamina sentencia pedantea
En linguaxe televisivo
Maternal
Paternal
Policial
Etc
Sentimentos puros non existen
Pero os puros despois dun café están ricos
E sentir en serio tamén en serio!.
|