|
alkionehoxe/poesía
Cosmos
Antonio Díaz Grau

O
músculo sen verbo salienta a inercia
O azar ergue as
paredes deste apoucado mundo
A morte é o peirao máis
próximo onde deixar a vida
Desfacerse, deglutirse,
socavar as entrañas do anonimato
Agudizar a vista ata a
cegueira do inmenso
Self indication
Fas dunhas
mandíbulas apertadas o teu fogar.
De novo só,
coma sempre,
sintes que vivimos en celas de
illamento
comunicadas por buratos
dende onde roubar
conversacións
Cemiterio
O morto está en
nós,
o trauma da dor entretecese na trama.
|