E N X E R G O

Fálame e esquecerei, amosame e recordarei, implícame e entenderei Claxton 1987

Menu


COMENTARIO DE TEXTOS
PLATÓN
 
-Agora, meu querido Glaucón -continuei- esta figuración debe ser aplicada ponto por ponto ao denantes dito: hai que comparar o ámbito do que se manifesta á vista coa morada-prisión; a luz do lume que hai nela co poder do sol: e se comparas a subida arriba e a contemplación do que alí hai coa ascensión da alma ao ámbito intelixible, non defraudarás a miña expectativa, que é polo que estás desexoso de escoitarme. Deus sabe, cicais, se isto é verdade. En calquera caso, o que a min me parece é isto: no intelixible o último que se ve, e con traballo, é a idea do Ben; pero unha vez percibida, hai que concluír que ela é como a causa de todo o recto e belo de tódalas cousas; que no mundo visible xerou a luz e o seu señor, namentras que no intelixible ela é a soberana, productora da verdade e da intelixencia, e que ten que poñer os ollos nela quen, tanto privada como públicamente, queira proceder de forma sabia.
(PLATON, A República, lib. VII)

1. Analise estrutural
a) Tema central

Teoría do Coñecemento, Etica e Política. O texto contén a interpretación da "alegoría da caverna" na que Platón afirma a existencia de dous mundos e a supremacía do intelixible e a primacía da idea de Ben A problemática na que se inscribe o tema tenta acadar a solución á educación dos futuros gobernantes da Polis e dar unha explicación á contradicción mundo conceptual-mundo sensible.


b) Estrutura e ideas:

1ª parte (liñas 1-6) Iníciase a interpretación da alegoría. Comparación entre dous mundos. Tese principal: Comparación entre o mundo sensible coa morada-prisión e o mundo de arriba co mundo intelixible Teses secundarias: -comparación lume-sol -necesidade da ascensión da alma
2ª parte (liñas 7-12) Idea do ben como causa do bo e o belo. Visión do bo e xerarquía das ideas. Tese principal: A idea de Ben como causa de todo o bo e belo Teses secundarias: -comparación mundo visible-intelixible -a idea de Ben produce a verdade
3ª parte (liñas 13-14) Consecuencias: Vida sabia individual y colectiva. Tese principal: O coñecemento do Ben é condición para unha vida sabia

2. Análise semántica
Conceptos e expresións do texto
"Morada-prisión" - "Mundo sensible"
"subida arriba" - "Mundo intelixible"
"ascensión da alma"
"idea do Ben" - "vida sabia"
Conceptos complementarios:
"doxa" -"episteme"
"eros" - "noesis"
"dialéctica" - "recordo"
"xustiza como harmonía"

3. Explicación e valoración persoal
Explicación. Ideas a desenrrolar.
1ª parte
-Caracterización platónica do mundo sensible (cambiante como o describe Heráclito) e do mundo intelixible (permanente como o Ser de Parménides).
-Relación entre mundo sensible e intelixible
-Precisar o paralelismo entre o dualismo ontolóxico e o dualismo epistemolóxico: o mundo da "morada-prisión" é o obxecto do coñecemento sensible (doxa) e o mundo de "arriba" é obxecto do coñecemento intelectual (episteme).
2 parte
-Comparación entre o sol e a idea do Ben.
-Pertenenza da alma ao mundo das ideas e necesidade do seu ascenso á contemplación ( recordo ) das mesmas para entender e organizar o mundo sensible.
-Dificultades no ascenso da alma. O ascenso esixe amor (eros) á verdade e ao Ben e, tamén, un esforzo cognoscitivo (educación cara a "noesis") para chegar á súa contemplación.
-Organización xerárquica das ideas que remata na idea de Ben. A dialéctica é o camiño para realizar o ascenso ata a idea de Ben.
3 Parte
-O home sabio será aquel que coñece ( "noesis") e ama ("eros") o mundo intelixible e a idea de Ben.
-O home sabio organiza harmonicamente (con xustiza) as partes que o compoñen.
-O home sabio é o que ten que organizar a sociedade, porque só el será quen de facelo con xustiza, que é o fin da Polis.

Valoración persoal: Non se ofrece aqui por ser un traballo persoal para o que non cabe dar indicacións precisas.

4. Contextualización:
Na obra do autor: Na historia da filosófia:
-Platón pretende superar, como o seu mestre Sócrates o relativismo e o escepticismo dos sofistas.
-Recibe gran influencia de Heráclito (mundo sensible) e de Parménides (mundo intelixible) e do seu mestre Sócrates (conceptos universais e intelectualismo ético)
-O seu dualismo ontolóxico será criticado por Aristóteles.
-E un autor con grande proxección na historia da filosófia, tanto nas correntes realistas como nas idealistas.

5.- COMENTARIO DO TEXTO:
Tendo como ponto de referencia o esquema interpretativo realizado, pero evitando un sometemento ao mesmo que implique un comentario fragmentado e inconexo, realizar, de acorco coas normas de redacción propostas, un comentario, persoal e fluido, do texto.