Temas

 

OS CAZATESOUROS [construir cazatesouros]

Consisten nunha folla de traballo ou unha páxina web cun listado de direccións de Internet nas que o alumnado ten que buscar as respostas a unha serie de cuestións. Ao rematar pódese tamén incluír unha cuestión final (gran cuestión) cuxa resposta non aparece directamente nas páxinas visitadas e esixe integrar e valorar o aprendido. Permiten ensinar ao alumnado a buscar información pero non están dedicadas á resolución de problemas.
Os pasos a seguir por parte do profesorado son: Identificar unha idea/concepto a reforzar ou introducir, Buscar na Web sitios que reforcen o concepto. Elaborar cuestións cuxa resposta o alumnado atopará en ditos sitios. Elaborar unha folla de traballo impresa ou en formato web

Enlaces
Aula 21. Descrición e explicación de cómo construír cazatesouros
Aula 21 xerador en liña de cazatesouros (en galego)


Exemplos:

Los derechos humanos como proyecto ético contemporáneo. Cazatesouros de investigación sobre dereitos humanos
Que es Filosofía Cazatesouros de descubrimento introducción á filosofía
Historia de la Filosofía , ¿Cómo sistema? Cazatesouros de investigación sobre o coñecemento