[arriba]
As partes dunha MiniQuest
O Escenario:
Establece o contexto que definirá todo o proceso e
a pregunta esencial que se terá que contestar. Sitúa
aos estudiantes nun un papel (rol) a partir do que deberán
tomas decisións, resolver problemas. Esta forma de
presentación da actividade provén das estratexias
que se establecen non xogos interactivos. O escenario deberá
estar conformado de forma que actúe como un “gancho”
para introducir ao estudiante no problema. É moi importante
que a pregunta esencial estea integrada no
escenario de forma que o contexto non se converta nun pretexto
puramente estético. Tamén é preferible
que se propoña explicitamente para que o alumno ou
alumna saiba exactamente que ten que respostar. A pregunta
esencial debe estar encamiñada a producir ou deseñar
algunha acción ou á toma dunha decisión.
A Tarefa:
Consiste nun proceso de investigación guiada cunha
una serie de preguntas deseñadas co propósito
de adquirir a información obxectiva que se require
para respostar a cuestión esencial. Debe estar moi
estructurada, tanto en contidos como nos tempos de execución,
porque debe poder desenvolverse nun ou como máximo
dous períodos de clase. Nsta sección dirixese
aos estudiantes cara sitios específicos da Rede que
conteñen a información necesaria para resolver
as cuestións e adquirir o material básico para
elaborar o Producto.
O Producto:
Consiste na descrición do que os alumnos e alumnas
teñen que facer para respostar a cuestión esencial.
O exercicio debe atender aos seguintes criterios:
Debe requirir que os estudiantes demostren comprensión
Debe incluír algunha forma de avaliación que
permita ao profesorado valorar esa comprensión
Debe permitir que os estudiantes desenvolvan novas formas
de ollar o problema e promover así a construcción
do coñecemento (se non se cumpre esta condición
entón a actividade será só unha folla
de traballo publicada dixitalmente e non unha verdadeira actividade
de investigación).
Debe promover a execución de documentos real e acorde
co o papel (rol) que se adxudicou ao estudiante no escenario.
Por exemplo, se o escenario pedía que o estudiante
se convertera nun profesor que usa as NTICS na súa
aula o Producto debe ser a realización dunha MiniQuests
[arriba]
Tipos de MiniQuests
Existen tres posibilidades educativas diferentes para as MiniQuests:
- as MiniQuests de Descubrimento,
- as MiniQuests de Exploración
- as MiniQuests de Culminación.
Esta clasificación obedece ao lugar
dentro da unidade curricular na que se introduce a MiniQuest.
MiniQuest de Descubrimento:
Propóñense ao comezo dunha unidade curricular.
Están deseñadas para presentar unha unidade
curricular particular.. como se fose un organizador previo.
MiniQuest de Exploración:
Realízanse no transcurso dunha unidade curricular.
Están dirixidas a aprender os contidos necesarios para
comprender un concepto en particular ou cumprir un obxectivo
curricular. Pode utilizarse conxuntamente coas MiniQuests
de Descubrimento ou en forma independente.
MiniQuest de Culminación:
Lévanse a cabo ao final dunha unidade curricular. Estas
MiniQuests a veces poden necesitar que se use información
obtida na realización de outro tipo de MiniQuest ou
por outros métodos educativos tradicionais. As cuestións
son máis complexas e profundas.
[arriba]
Enlaces
Exemplos
http://www.bioxeo.com/wq/miniquest/ident_bact_ga.htm
|