 |
Son un tipo de actividade
de aprendizaxe que se leva a cabo con recursos que se atopan en
Internet. O seu obxectivo fundamental é conseguir que o alumnado
use o tempo na rede dun xeito correcto, investigando, seleccionando
e analizando información para mellorar a súa comprensión
dun tema. Pretende rentabilizar o tempo dos alumnos e alumnas centrandose
no uso da información e non na súa busca e reforzar
os procesos intelectuais de análise, síntese e evaluación. |
| Unha webquest
está composta por seis partes esenciais: Escenario, Tarefa,
Proceso, Recursos, Avaliación e Producto.
O Escenario:
Establece o contexto que definirá todo o proceso e a pregunta
esencial que se terá que contestar. Sitúa aos estudiantes
nun un papel (rol) a partir do que deberán tomas decisións,
resolver problemas. Esta forma de presentación da actividade
provén das estratexias que se establecen non xogos interactivos.
O escenario deberá estar conformado de forma que actúe
como un “gancho” para introducir ao estudiante no problema.
É moi importante que a pregunta esencial
estea integrada no escenario de forma que o contexto non se converta
nun pretexto puramente estético. Tamén é preferible
que se propoña explicitamente para que o alumno ou alumna
saiba exactamente que ten que respostar. A pregunta esencial debe
estar encamiñada a producir ou deseñar algunha acción
ou á toma dunha decisión.
A Tarefa
A parte fundamental é a tarefa porque define
a Webquest, mantén o interese do estudiante incrementando
deste xeito a súa comprensión do tema, e limita o
uso das webquest a traballos de aprendizaxe significativa. A tarefa
constitúe a parte máis importante dunha WebQuest.
Oferta a meta e o enfoque e concreta as intencións curriculares
do deseñador. Una tarefa ben deseñada aumenta o atractivo
do traballo e o pensamiento creativo. Desde 1995, os profesores
estiveron adaptando o modelo da WebQuest aos seus escenarios e necesidades,
desta experiencia xurdiu unha taxonomía e descripción
de formatos de tarefa que permiten suxerir formas de optimizar tarefas.
Segundo esto as tarefas poderán ser:
-
Tarefas de repetición:
o único que se pide aos estudiantes é que absorban
algún tipo de información e que demostren tela
entendido. Os resultados desta investigación son fáciles
de conseguir e non xeran moito avance na práctica educativa,
pero poden ofrecer unha introducción fácil ao
uso da rede. Para facer máis eficientes dende un punto
de vista educativo estas tarefas deben incluir: a) a necesidade
de usar un vocabulario e un formato de investigación
diferente do que meramente se le na rede. b) Unha marxe flexible
e importante sobre os resultados da investigación do
alumnado e sobre a forma de organización do traballo.
c) a elaboración do traballo baseada na potenciación
de habilidades procedimentais (resumos, abstraccións....)
-
Tarefas de recopilación: consisten
en buscar información na Rede para o tratamento dun tema
importante e poñela nun formato común. Debe ser
un requisito imprescindible certo grao de elaboración
do material recopilado por parte do alumnado e a elaboración
dun traballo de exposición do mesmo. Por exemplo podería
ser unha elaboración de recursos para a organización
dunha exposición virtual respecto dun tema. Para que
a través desta tarefas se dea verdadeira aprendizaxe
debénse manter as seguintes normas: a) a necesidade de
que os estudiantes fagan patentes os criterios utilizados á
hora de recopilar a información, b) que o formato e organización
da información sexa unha elaboración do propio
alumnado. Que os recursos aportados sexan relativos a fontes
diferentes e teorías independentes entre sí a
fin de potenciar a capacidade de relación e integración
de contidos.
-
Tarefas de misterio: Plantexan
a busca da solución dun enigma. Require para que sexa
un proxecto de verdadeiro aprendizaxe elaborar un enigma que
non se poida resolver accedendo a un único recurso o
que implicará a agrupación da información
interrelacionando varias fontes e plantexando pistas falsas
que deban ir eliminandose a través de exames detidos.
-
Tarefas periodísticas:
Usar un evento para logar a aprendizaxe duns contidos relacionados
e encargando ao alumnado a tarefa de recoller toda a información
pertinente ao redor do evento para construir un informe de opinión
ao respecto. Unha tarefa deste tipo debe ter como requisitos:
a) a utilización de múltiples versións
do evento, b) a incorporación das opinións diverxentes
sobre o mesmo c) a ampliación da información usando
fontes teóricas de información d) o examen dos
propios prexuizos e a valoración dos prexuízos
implícitos nas fontes de información.
-
Tarefas de construcción de
consenso: Requiren que se articulen e acomoden na medida
do posible diferentes puntos de vista sobre unha situación
histórica e/ou actual. Para que unha tarefa deste tipo
funcione correctamente debe: a) Basearse en diferencias de opinión
auténticas, expresadas na realidade, fora da clase. B)
Non debe ser un mero xogo de simulación c) Rematar cun
informe sobre os resultados dirixido a unha audiencia real como
xeito de resolver o conflito de opinións.
-
Tarefas de persuasión:
solicitan aos estudiantes desenrolar unha argumentación
convincente baseada na aprendizaxe de determinados contidos.
Deben ter un momento teórico e un momento de construcción
de argumentos e rematar cunha presentación final da argumentación.
As tarefas de persuasión ás veces combinanse con
tareas de construcción de consenso. A diferencia fundamental
entre ambas está en nas primeiras os estudiantes traballan
para convencer a unha audiencia externa sobre un punto de vista
determinado, e nas segundas para buscar os puntos de coincidencia
necesarios para construir un consenso.
[arriba]
O proceso
Describe todos os pasos que o estudiante terá que dar
para levar a cabo a tarefa, coa maior precisión posible,
aínda que deixando espacio á creatividade persoal.
O proceso será tanto mellor canto máis adaptado
estea á tarefa e ao escenario, sen perder de vista o que
queremos que o alumnado aprenda no proceso.
A avaliación
Consiste na descrición dos criterios de avaliación
cos que se vai medir o producto. É importante que sexa
o máis precisa e clara posible, que non conteña
criterios alleos ao que se pide no desenvolvemento do proceso.
A avaliación é a parte distintiva dunha boa webquest,
porque para que o traballo sexa verdadeiramente constructivo estes
criterios deben ser coñecidos polo alumnado previamente
á realización do traballo. En Internet pódense
atopar "rúbricas" para levar a cabo esta avaliación.
O Producto:
Consiste na descrición do que os alumnos e alumnas teñen
que facer para respostar a cuestión esencial. O exercicio
debe atender aos seguintes criterios:
- Debe requirir que os estudiantes demostren comprensión
- Debe incluír algunha forma de avaliación que permita
ao profesorado valorar esa comprensión
- Debe permitir que os estudiantes desenvolvan novas formas de
ollar o problema e promover así a construcción do
coñecemento (se non se cumpre esta condición entón
a actividade será só unha folla de traballo publicada
dixitalmente e non unha verdadeira actividade de investigación).
- Debe promover a execución de documentos real e acorde
co o papel (rol) que se adxudicou ao estudiante no escenario.
Por exemplo, se o escenario pedía que o estudiante se convertera
nun periodista o produto deberá ser a publicación
dun artigo periodístico.
Tipos de Webquests:
- A curto prazo: o seu obxectivo é a integración
do coñecemento dun determinado contido nunha materia e
deseñase para ser rematado nun período entre unha
e tres clases.
- A longo prazo: Deseñanse para realizarse nunha semana
ou nun mes de clase. Conleva maior número de tarefas e
máis elaboradas, culminando cunha presentación a
través dunha ferramenta informática (paxina web,
Power Point, Weblogs...)
- Miniquests: Webquests reducidas só a tres pasos: Escenario,
Tarefa e Producto. Pensadas para realizarse completas no transcurso
dunha clase de 50 minutos [Diferencias entre webquest
e miniquest]
As potencialidades didácticas deste tipo de traballos son
moi interesantes porque permiten:
Non centrar a actividade docente na aula tradicional.
Educa nas destrezas para o tratamento da información a
nivel escrito, oral e mesmo icónico.
Transforma ao alumnado en co-educadores e creadores de información.
Potencia as habilidades comunicativas.
Potencia o traballo colaborativo, dentro e fora da aula.
Pon en valor o papel do mestre como orientador.
[arriba]
Enlaces
Páginas de Bernie Dodge sobre WebQuest:
Otras direcciones web útiles:
Exemplos
[arriba]
|