E N X E R G O

Fálame e esquecerei, amósame e recordarei, implícame e entenderei Claxton 1987

Menu


PRESENTACIÓN

O grupo Enxergo naceu no ano 1988 por iniciativa de sete profesores/as de Filosofía de ensino secundario. Os principios básicos que uniron ao grupo e o seguen unindo catorce anos despois son dous: o interese pola renovación pedagóxica, especialmente no eido da filosofía e a contribución á normalización do galego no ensino. Para acadar estes obxectivos, Enxergo constitúese como un Seminario Permanente de Didáctica da Filosofía, facendo reunións periódicas de traballo en grupo. Os resultados deste traballo cristalizaron ao longo dos anos en dúas actividades básicas: a publicación de materiais didácticos en galego para a súa aplicación na aula e os cursos de formación permanente sobre o ensino da filosofía que o grupo promoveu e impartiu.


Os sete profesores que inicialmente conformaron o grupo de traballo foron: Xosé Calviño Pueyo, Miguel Vázquez Freire, Mercedes Oliveira Malvar, Xesús García Castro, Xoan Currais Porrúa e Eva Garea Traba

O grupo traballa actualmente na elaboración de novos materiais en soportes non tradicionais e na reorientación dos seus principios didácticos para incorporar os novos elementos e as novas exisencias da nova situación educativa.

 

 

As novas profesoras que se sumaron a este esforzo foron:

Almudena García Castrillo

Maruxa Xestoso Álvarez

 

Nos derradeiros anos e tras a morte do noso compañeiro Xosé Calviño, verdadeira alma do grupo, novas incorporacións viñeron a sumarse a o traballo investigador e didáctico do grupo. Froito deste novo grupo foron a nova Historia da Filosofía para segundo de Bacharelato, publicada pola editorial Xerais no 2003 e o libro de Comentario de Textos, como apoio a esta Materia de segundo de Bacharelato.

Na actualidade o grupo traballa dividido en dúas seccións por mor das esixencias da formación do profesorado. Así o grupo de Santiago de Compostela está formado por tres dos profesores vinculados aos cefores da provincia da Coruña (Miguel Vázquez Freire, Eva Garea e Almudena García Castrillo) e todos os demáis constitúen o grupo Enxergo Vigo.