Pois o pior pensabades que pasabamos da páxina, pois non, esta tempada
andivemosche focellando na rede pra atopar máis recursos, e así consejimos
facere outro canal de TV
e insertamos outros dous videos enteiros, aló
van:
Pois outro ano,
e outra malla no lombo, bueno os que mallaron, eu non; pro andiven por alí
de paparazzi, e Xandasbolas tamén. Eu por motivos de traballo non puiden
facere máis ca subire as afotos, nin as editei nin nada, estánche no
Álbum da
Malla 2008.
Pro Xandasbolas
editou tres videos, e eu fixen os meus pinitos con outro. Inda que aqui soio poño un
de cada un, os outros estanche en
OsCasás TV, pra
alixeirar aljo a páxina.
Outro éxito total,
malláronse 800 pares de trijo e de centeo, a partes ijuais máis ou menos.
Conrado andaba no aire e toda a xentiña dos Casás traballando, bueno dos
Casás e doutros lujares, por que alí habíache moita xentiña; ben vale,
aljunhos non taballábamos, pro mirábamos, pro caso eche ijual, ¿ou non?.
E deu justo vere a todos
xuntos, disfrutando dun bon día, ata o tempo tamén acompañou. O traballo
comezárache o día anterior, leváronse as máquinas pra eira, colocáronse
no seu sitio e asentáronse.
Montóuse o palco e
axeitouse un pouco aquilo. Deste xeito víase todo montadiño e listo xa a
primeira hora da mañá.
Comezouche a
chejar xente, moita xente, a maioría acordábase coma eran as mallas,
outros amosaban curiosidade polas máquinas, aquilo érache un formijeiro.
Tal e coma manda a tradición, houbo reparto de caña, en copas da época.
Nun momento dado caseque as máquinas pedían xa arrancar, e Conrado con
cariño alumiñounas e veña, alo vai, a primeira ruxindo. E veña moios, leña
o mono ata que daprenda o catecismo.
Os de sempre non
podían faltar, nesta afoto vemos a Pepe de Casaldaia con 93 abriles e a
Pedro falando antes de comezar, coma eles habíache moitos máis. Sejuro
que falaban de antes, de como facían, de que o día era bon, de que ....;
tantas cousas que veñen os miolos, tantas cousas que dan que falar.
¿Cantas horiñas
tera este home enriba dunha máquina?, ¿cantas?, ¿cantos recordos lle viran
a cabeza?. Coma homenaxe a el, e a tantos outros homes desta terriña, por
que cremos ca o merecen, a os videos sacámoslle a música das jaitas e
poñemos o son das máquinas, que lojo o botaban de menos, ca o sabemos.
Canta modernidade, canto
esprito solidario, canta ijualdade, aljén, e prejunto ¿aljén pode dicire
cas mulleres do ajro jalejo non traballaron sempre ijual cos homes?.
E comezou o
viaxe do trijo, da meda a máquina, da máquina o palleiro e a limpadora, e
aló van os moios, ei ven o trijo limpo. O sudor comeza a aparecere, a
jorxa secase, o polvo flota no aire, o olor a malla no ambiente, e media
meda vai aló.
Nos Casás, vaia ohh¡¡¡,
que non se dija, veña, tómalle unha copiña de mezclado, ia dicindo Nicasio
por tódala eira, e inda se baixaron unhas botellas, e de caña tamén.
Isto foiche na fuma da malla, por que tamén a houbo, e Conrado dixo unhas
palabras ajradecéndolle a tóda xente que desinteresadamente axudou a
facere máis jrande o invento, e eche moita. Dispois Narón Musical 70 non
faltou a cita e amenizou o descanso.
Pois podiamos
facere unha lista con quen participou, pro
sinceramente había sere moi larja, e sei que eles nono fixeron por
aparecere aqui. Pro se hay aljén que debe sere destacado tal vez sexa
Amando de Savanda, por sere participe da restauración, por traballar
ajachado, pro traballar e duro; ou Pepe do Campo, por sere o inxeneiro
director das medas ou o palleiro; ou Tino de Casal por estare enfermo e
non poder pasar sin traballar; ou Jaime de Tranvarrías; ou ... tantos e
tantos que non poido chejar a dicir ....
E podía sejire,
e facere un libro, pro ahí estanche as
afotos e
os videos, o ano que
ven hache ser dura, máis jrande, ¿ou non?,...