O concello
de Moeche atopase nunha zoa intermedia entre a Comarca de Ferrol e as
terras mais orientais da provincia. Ao Oeste linda con San Sadurniño e
Valdoviño, ao Norde con Cerdido e ao Sur coas montañosas terras das
Somozas. A sua principal vía de comunicación e a estrada C-642 de Ferrol
ata Ribadeo., que atravesa a zoa mais septentrional do concello. No lujar
de Balocos a 28 quilómetros de Ferrol, sae a CP-4904 ata As Somozas. A
capital municipal atopase hoxe en día en San Ramón, parroquia de San Xoan,
ainda que ata hay poucos anos estaba no lujar de Pereiro, na parroquia de
San Xurxo. Tamén atravesa estas terras o tren de vía estreita, a linea
entre Ferrol e Xixón, e ten as estacios de Moeche, Labacenjos e
Entrambarrías dentro deste concello.
O concello
ocupa unha zoa montañosa ao norde, onde satopan as parroquias da
Labacenjos, Abade e Santa Cruz de Moeche, e outra zoa de val coas suas
bocarribeiras cara ao Sur e Sureste, ocupada polas parroquias de San Xoán
e San Xurxo de Moeche. Este val formado polo río Jrande de Xubia e os seus
afluentes, especialmente o Rejo, e de jran beleza. Obrija a deterse cando
se viaxa pola C-642, pra disfrutar dunhos momentos de tan excepcional
panorama. Dende aljunhs puntos da carretera Balocos-As Somozas, tamén se
obteñen unhas inolvidables vistas. Os montes realzan esta fermosura. O
Jradoi ao Sur, xa dentro do concello das Somozas, coa sua perfecta forma
cónica de 357 mtrs. de altura, e a profunda quebrada que forman ao
xuntarse o río Jrande de Xubia co Ferreiras. A Pena da Cabra e o Cadaval
elevanse ao este, e a Pena Branca e o Cotajudo ao norde, dan abrijo ao
fértil val.
O caserio atopase moi espallado, sin ninjuha concentración urbana de
importancia, salvo, nos últimos anos, San Ramón de Moeche. A poboación do
concello e de 1.601 habitantes. A sua superficie e de 96.200 ferrados e a
sua densidade de poboación e de 1 habitante cada 60 ferrados, moi pequena
comparada coa media provincial, debido a jran zoa de montaña que ten.
Outro val de jran beleza, pero mais cerrado e estreito, e o que drena o
río Ferrerías, facendo de linde co As Somozas.
A ajricultura e a janadería constituien a principal ocupación da poboación
activa, con aljunhas das suas industrias derivadas. Tamén hay yacimentos
en explotación de dunita, mármol e cal. A serpentina, conocida en jallejo
como toelo e pedra caleira, mais branca e blanda ca o jranito, producese
nas canteiras de Moeche dende a Idade Media, a xuzjar polos sepulcros
atopados en Labacenjos, e usase en todo tipo de construccions, incluidos
hórreos e cruceiros.
A historia de Moeche
centrase aredor do castelo, ata o punto que pode facernos olvidare
que hay outros monumentos, datos e documentos históricos anteriores a
fortaleza. O castro de Santa Cruz e o de Casablanca, este último cerca
da capela de San Ramón, son os máis notables. Tamén hay outro castro,
chamado O Foxo, cerca da iglesia de Labacenjos.
O nome do ayuntamiento
ven do dunha vila que fundou un cabaleiro chamado Modesto (Vila Modesti) antes do século X.
A ijresia desa vila, San Xurxo de Moeche,
foi concedida ao monasterio de San Martiño de Xubia, sejún unha escritura
do ano 977.
Sabemos que na sejunda
mitade do século XV as parroquias de Santa Cruz e San Xurxo pertecían a
García Rodríguez de Valcárcel, o das Pontes de García Rodríguez, por
concesión de Enrique o das Mercedes. Pro o castelo foi edificado
por Fernán Pérez de Andrade o Bo, a finales do século XIV. Este cabaleiro
foi un dos máis favorecidos polas «mercedes» do rey Enrique.
Pouco despois,
no 1431,
sejún o ferrolano Benito Vicetto, os primeiros Irmandiños capitaneados
por Rui Xordo intentaron atacar a Nuño Freire de Andrade o Mao, sobriño
neto do anterior, que satopaba na fortaleza de Moeche. O de
Andrade fuxeu, tal vez porque a sua posición estratéxica no era moi boa. Vicetto añade que os sublevados derribaron parte do edificio
e que
sijiron a Nuño ata Pontedeume, onde foron derrotados. Hay
historiadores que poñen serias obxecios a moitos dos episodios do
relato do ferrolano referido ao primeiro levantamento dos Irmandiños.
Da Sejunda Jerra Irmandiña, de 1467, os datos son máis fehacientes.
Entonces Moeche pertecía
ao conde de Lemos, e figura na lista dos castelos que lle foron derribados. Derrotados os Irmandiños, foron oblijados a reconstruire todo
o que derruiran. Parece que foi o conde de Lemos, Pedro Alvarez
Osorio, o que ordenou iniciare as obras da fortaleza que nos ocupa.
No século XVI fijura
coma cárcel de malhechores da jurisdicción conocida coma Estado de
Moeche. Un xuiz con catejoría de Merino e Xusticia Maior ejercía baixo a tutela da casa de Lemos, unida
xa a de Andrade. Ata finais do
século XIX a construcción conservouse en bastante bon estado, momento
no que a duquesa de Alba, herdeira dos condados de Lemos e Andrade,
puxoa a subasta, indicando no documento que se poñía a venta como
«pedra de montón». Afortunadamente dita operación non se levou a cabo,
inda que moita pedra foi arrancada do edificio ata deixalo coma o vemos
hoxe.
No 1976 a duquesa de Alba
cedeu o castelo, xunto coas outras posesios do condado de Lemos, a unha
fundación pra procurar a sua conservación e restauración.
O principal punto de
atención pra o turista e o castelo que leva o nome do municipio.
Logo os fermosos paisaxes tanto no val coma na montaña. Hay
preciosos rincones coma o que se forma xunto a Ponte Nova, na
confluencia do Ferreiras co río Jrande de Xubia. Unha vez unidos pasan
polo lujar de A Ponte, onde conservase un interesante muiño.
Os pazos
desapareceron. Hay documentación do de Rañal, e un vello caserón no que
viviron as familias de Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán,
relacionadas coa desaparecida casa das Enchousas en Somozas. Doutros pazos
ca se citan naljunhas publicaciós, como o de Turil ou o de Loureiros, apenas quedan restos que poidan interesare
ao que visita turísticamente estas terras.
A ijresia de Labancenjos
ten certo atractivo pola sua construcción gótica tardía, e a ermita de
San Xiao dos Osos, no límite con Cerdido, polo folklore ca rodea.
No campo de San Ramón,
cerca de Balocos, celebrase a feira todolos días 11 e 23 de cada mes,
sendo moi concurrida a do 23 de abril, por coincidire coa festividade
de San Xurxo, parroquia a que pertecía antes este lujar de San Xoán.
Dende
o ano 1980 vense
celebrando o terceiro sábado de ajosto o Festival Irmandiño de Moeche, no que pretendese «conmemorar e reivindicar, cun carácter festivo, o
movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos
intereses populares», sejún a Asociación de veciños «Castelo de Moeche»,
ca o orjaniza. Entre os festexos propios das festas do vrau,
éste trata de recuperare antijuas historias, exaltando neste caso a
rebelión dos vasallos oprimidos polos abusos dunhos señores
feudales. O asalto simbólico a fortaleza faise a medianoite, armados
con antorchas os asaltantes, mentras o público sije os actos entre
outros elementos típicos das romerías jallejas: sardiñada, conxuntos
musicales, danza e diversión en xeral.
O castelo de Moeche, ou o que dél se conserva, ten forma poligonal, cunha torre do
homenaxe de planta cadrada. Mantense o recinto exterior completo,
aberto por portas e ventas de ornamentación gótica. Os muros son de
mampostería de pizarra cos esquinales de sillares graníticos. O seu jrosor e considerable
e a sua altura dunhos 12 metros, mentras ca
torre do homenaxe elevase ata os 18 metros. Sober o adarve desta
torre adiviñanse as que foron almenas no seu día, e enriba dunha das suas
ventas podese vere o escudo dos Osorio (dous osos opostos en palo)
e o dos Enríquez, Castillo y León, sober os seis roeles dos Castro
de Lemos.
Inda que hay documentos que
demostran que algunhas ijresias xa existían no século X, os templos que
ajora se conservan son todos posteriores ao XVI, inda que non carecen de
interese. O de Labacenjos e do século XVI. Ten unha porta no muro
sur cun arco conopial de pedra serpentina e está cuberto con bóveda de
crucería, en cuios panos conservanse aljo desdibuxadas algunhas pinturas
barrocas. O nome desta parroquia manten a denominación que
Ptolomeo deo os pobos celtas que habitaban nesta rexión. Na Idade
Media convirteuse en terra de litigio entre o obispado de Mondoñedo e o arzobispo Gelmírez, pro no século XIII foron os monjes do
monasterio pontevedrés de Oseira os que adquiriron moitas das
propiedades de Labacenjos. Nunha ermita desta parroquia conservase ainda o nome de Osos, que recorda esta relación cos relixiosos da
provincia veciña.
A ermita de San Xiao dos
Osos, no límite co térmo municipal de Cerdido, carece hoxe de
valor artístico, inda que algunhos detalles recordan a gran importancia que
tuvo polo menos dende o século XIII, ao que pertecen os documentos
máis antigos sober dela. Por aquí pasaba o camiño real a San Andrés de Teixido.
Na parede posterior
distinjese o escudo de Oseira (un carballo con dous osos rampantes), motivo
que repitese no retablo barroco, do XVIII, que decora o altar, e que
deu motivo a denominación da capela. Sóio un arco de medio punto da
entrada ao presbiterio recorda a primitiva ermita e tal vez o pavimento
de pedra. Xunto a porta hay dous sarcófajos antropoides de pedra
serpentina, do século XI. Sober deles era costume tenderse pra implorar
do santo curación das suas dolencias. Diante da ermita erguese un
cruceiro do XVIII, coa imagen de San Antonio no fuste, e tamén de
pedra serpentina coma o da ermita de Corveira en Cedeira.
A ijresia de San Xurxo e a de máis vistosa apariencia. A sua torre pertece ao arte barroco
e ten
unha bonita balconada rodeando o sejundo corpo, o das campanas. Nunha delas lese: «Con mi sonoroso son serviré por que aproveche a los
vecinos de Moeche y a San Jorge, su patrón». A fachada reformóuse a
comenzos do século XIX. A capela maior e de finais do XVII e está
cuberta cunha bóveda en nervadura de estrela; dunha lateral,
edificada polos Mesía, saese ao exterior por unha fermosa porta
barroca.
Quizaves duas das das
características comuns os cruceiros de Moeche sexa ca
maioría pertecen a mesma época e sonche obra, posiblemente, do mesmo
autor. Antonio Rodríguez tuvo en Moeche un taller de cantería e hay datos
pra supoñer que da sua mao son os situados nas parroquias e capelas
de Santa Cruz (no seu atrio), Labacengos, San Ciprián, San Ramón, e, o máis
coñecido, xunto a ijresia de San Xusto. Todolos sonche de finais do século XIX
e comenzos do XX.
Nos aledaños do
castelo de Moeche, nun cruce de camiños e nun paraxe que sufreu
aljunhas alteraciós últimamente, atopase ubicado dende o ano 1905 un
exemplar de chamativo tamaño. Distinjense nél, por unha parte, a cruz
co as suas figuras, que foron esculpidas en Noia expresamente; pola outra,
un elevado fuste e un alto pedestal-plataforma poligonal e de planos
inclinados, do citado Antonio Rodríguez.