|
Limiar
Os Aledaños
Valdoviño
1.- Situación
2.- Climatoloxía
3.- Economía
4.- Historia
1.-
Situación
O Concello de Valdoviño, estache situado o Este de Cerdido, linda co mare
nunha franxa costeira entre Cabo Prior e Punta Candieira; linda o norte co
concello de Cedeira, e o sur co de Narón. O este linda co océano Atlántico
e o oeste cos concellos de Cerdido e San Sadurniño. Este concello, da
provincia da Coruña espallase sobor dunha superficie de 81,21 km2,
que veñen sendo 162.420 ferrados, repartidos en nove parroquias o día de
hoxe: Lago, Loira, Lourido, Meirás, Pantín, Sequeiro, Valdoviño, Vilaboa y
Vilarrube.
A súa principal vía de comunicación éche a carreteira comarcal C-646, que
xunta e atravesa o concello pola súa parte setentrional cara Cedeira ou
cara Narón sejún hacia onde miremos. O concello estache na comarca de
Ferroltera, onde Ferrol, a unhos18 km. de Valdoviño e a cabeceira da
mesma.O releve de Valdoviño caracterízase pola súa jran variedade de
formas e paisaxes, tanto costeiros
coma interiores.
A confijuración física de Valdoviño presenta dúas partes ben
diferenciadas. Por un lado a zoa setentrional do municipio, que se
caracteriza por tere un releve moi articulado formado por alineacións de
escasa altitude, coa dirección predominante N-S, que culminan no Cotajudo
de 376m. ( punto máis elevado do Concello, facendo linde con San Sadurniño)
e o Monte da Moura (de 317 metros, sobor de Aviño). Nelas atopamos
frondosos vales, entre os que destaca o do río Forcadas, que co Donelle
abastece o embalse das Forcadas, que dálle auja a jran parte dos concellos
da zoa; ou o Rejo de Rimaior que desemboca na parroquia de Pantín.

O fermoso e accidentado fronte costeiro presenta neste tramo unha sucesión
de puntas, que alternan con fermosas praias abertas o mar como as do Baleo
e Pantín, ou situadas dentro da ría de Cedeira, como a de Vilarrube.
A outra unidade localizase na parte meridional do municipio. Nela a
topojrafía e totalmente diferente, caracterizada pola suavidade do releve,
soio perturbada no extremo suroccidental, polo monte A Vela (207 m). Será
precisamente neste sector, debido as condicións anteriormente citadas,
onde atopemos unha maior densidade de poboación.
Neste sector do fronte litoral resolvese tamén en pequenas praias coma as
de Campelo ou Meirás, ata chejar o amplo areal da Frouxeira, a través do
cal desauja no mar a lajoa do mesmo nome, un dos máis atractivos
ecosistemas da península ibérica e considerada coma espazo protexido.
2.-
Climatoloxía
O clima, en Valdoviño, e de tipo oceánico, e suave e húmido cunha
temperatura media anual lixeiramente superior os 13 ºC. As cotas mínimas
alcánzanse nos meses de Xaneiro e Febreiro, onde os termómetros poden
marcar os 9,5 ºC, namentres cas máximas teñen lujar nos meses centrais do
vrao nos que se roldan os 18,3 ºC. O nivel de choivas pode considerarse
moderado si atendemos o índice de precipitacións anuais que se atopa sobor
dos 970 mm, con máximas nos meses invernais.
3.-
Economía
O número de habitantes do concello de Valdoviño rolda as 6.800 persoas o
que supón unha densidade demojráfica en torno os 86,29 hab./km2. A
poboación concentrase maioritariamente na zoa costeira, namentres ca no
interior e moi escasa.
A evolución da actividade económica nos últimos anos fai patente o cambio
hacia a modernización que sufriu o municipio. O sector primario,
predominante ata 1981 (49,81 %) perdeu peso, situándose no 28,03% una
década máis tarde. Dentro de este, a maior importancia tena a explotación
do monte, apreciándose un aumento significativo da jandeiría (sobor de
todo de vacún e aves) impulsada quizais polas concentracións parcelarias,
que aumentaron o tamaño das explotacións e permitiron o mellor
aproveitamento de estas, así como pola acción das cooperativas, ben
representadas no concello (Meirás, Lago y Vilaboa).
O peso das actividades económicas basculou pois hacia o secundario
(39,66%), no que a construción xoja un papel importante e hacia o
terciario, que aumentou de maneira clara, pasando do 19,69% en 1981 a
superare o 32% da poboación ocupada no ano 1991.
As razóns de este jran desenrolo dos servizos e da construción hai que
buscalas na consolidación de Valdoviño como zoa de sejunda residencia e
veraneo de Ferrol e o seu entorno. Este feito provocou un aumento no
número de vivendas, máis importante na década dos anos setenta, entre as
que se aprecia o peso específico das vivendas secundarias que supoñen o
43% do total.
4.-
Historia
O
actual concello de Valdoviño foi formado ca unión de varias parroquias das
Xurisdicións de Trasancos e de Cedeira. A creación do novo Concello e o
nome aparecen aprobados no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña do
20 de Xuño do 1836. A primeira casa consistorial estivo en San Bartolomé
de Lourido, érache un edificio que se viña utilizando coma lujar de
reunións da Xurisdicción de Trasancos e que máis tarde pasaría a sere
cárcel municipal.
O novo Concello déuselle o nome de Valdoviño porque nesa parroquia non
existía ninjunha entidad sinjular de poboación con ese mesmo nome. As
veces apareceu escrito, en antijas actas e outros documentos, con "b" (Baldoviño)
pro foiche unicamente debido a errores ortojráficos.
Antes disto produciranse varios intentos de creación de concellos en toda
España, a gran maioría falidos debido os cambios políticos, e aparecen en
1821 e en 1822 nomeados os concellos de Valdoviño e Pantín no reparto de
impostos, aínda que probablemente non chejasen a funcionar coma tales.
O alcalde máis antijuo do que existe documentación e D. Xosé Sanjurjo
Montenegro e aparece citado o 23 de Xulio de 1840. O primeiro médico
titular do Concello, do que existe constancia, foi D. Vicente García en
1846.
No 1856 a Coroa Española pon a subasta a Lajoa de Valdoviño e os terreos
ca rodean. E adquirida por Xosé Pardo Bazán, pai da escritora ferrolán
Emilia Pardo Bazán, por 91.000 reais.
No 1860 había en todo o concello unicamente dúas escolas, ambas na
parroquia de Valdoviño.
Dende a su creación no 1836 e nos 100 años sejintes a historia política de
Valdoviño foi certamente convulsa. Continúas suspensións da corporación
local, encarceramento de alcaldes, concellais e secretarios municipais,
manipulacións nas eleccións, etc. Destes feitos, o máis jrave, acontece en
novembro de 1890 cando saíron da Coruña, con destino a Valdoviño, un jrupo
de nove mercenarios pra "sacar den medio" a membros do Partido Liberal. As
irrejularidades sejironse producindo durante moitos anos, incluso durante
o joberno do Xeneral Franco, onde déronse casos de rebeldía de concellais
contra os alcaldes designados polo Joberno. O 1 de Julio de 1909 nun pleno
municipal asisten 13 concellais e nas votacións aparecen 14 votos, este
feito repetiríase máis veces.
A partire do 3 de abril de 1915 a condución do correo dende Ferrol a
Cedeira - e Valdoviño - farase en automóvil.
O 24 de marzo de 1917, abonáselle a Condesa de Pardo Bazán a cantidade de
300 pesetas en concepto do pajo polos terreos onde se construirá a escola
de Lago.
No 1918 fundase a Cooperativa de Meirás, chamada inicialmente Sindicato
Católico Agrario. O fundador e o párroco de Meirás Misael Prieto García. A
primeira imposición foi de 25 pesetas e fíxoa Alfonso de Cal, que lojo
sería alcalde de Valdoviño.
No 1930 comezan as obras da carreteira a "Praia da Frouxeira". Este mesmo
ano comeza a extracción en Valdoviño de pirita arsenical de prata e
aurífera pra la produción de ouro.
Entre os anos 1929-1930 e o 29 de Xaneiro de 1931 foi alcalde de Valdoviño
Vicente Pastor Sánchez (médico coñecido como D. Pastor). Este foi o último
alcalde designado por Real Orden.
O 11 de Abril de 1931 proclamase a República en Valdoviño, sendo o
primeiro concello de España onde isto sucede. As eleccións municipais
polas cales se proclamaría a 2ª República celebráronse o día sejinte, 12
de abril, pro nun pleno do Concello - sejún consta en acta - do día
anterior aprobase a compra da bandeira republicana e a proclamación de
esta. O primeiro alcalde da 2ª República foi Xosé López Rodríguez quen
toma posesión de forma provisional as seis da tarde do día 15 de abril de
1931. Asiste coma testijo a dita proclamación o escritor Augusto D'halmar
quen lojo sería candidato a presidencia de Chile.
Nas eleccións celebradas en 1931 os resultados deparan os sejintes
resultados: 10 concellais do Partido Republicano Radical contra los 6
obtidos pola O.R.G.A. Nas de 1935 pasan a sere de 8 Republicanos Radicais
y 6 Republicanos Independientes - había dous vacantes -. En 1936 a
corporación municipal quedou constituída por 14 concellais de Izquierda
Republicana, un Galleguista e un socialista.
O 17 de decembro de 1932, ten lujar unha asemblea en Santiajo pra aprobar
o estatuto de Jalicia, en representación de Valdoviño acude o secretario
municipal Ramón Fernández Freijeiro.
No 1934, constrúense as primeiras casetas pra cambiarse e jardar a roupa
na praia da Frouxeira. En total 24 casetas. O alquiler das mesmas ia dos
25 a 40 céntimos de peseta a hora, as 1,50 pesetas polo día completo. O
precio pra toda a temporada era de 60 pesetas.
Entre outubro e decembro de 1934 había dous alcaldes, dúas corporacións e
dúas casas consistoriais. Tivo que intervir o Jobernador Civil. O 9 de
xaneiro de 1935 e nomease o que ata ajora, será o único alcalde honorario
de Valdoviño: Camilo Estripot.
O 28 de xuño de 1936, nas eleccións pra aprobar o Estatuto de Jalicia, no
Valdoviño jaña o Si cun 88 % do sufraxio.
O último alcalde da república foi Frutos Burgos Ramos. O 23 de Xulio do
1936 e nomeado alcalde Nicolás Pazos Rodríguez.
No 1940 colócanse na praia da Frouxeira carteis indicadores da zoa de
baños pra homes e pra mulleres.
En 1942 comeza o suministro de enerxía eléctrica na Porta do Sol, de
Valdoviño, pouco antes había empezado en Lago. O 3 de setembro do mesmo
ano aprobase a instalación do primeiro alumeado público de Valdoviño: 3
farois na Porta do Sol.
O 29 de Xulio de 1963, a Condesa de Cavalcanti dona os terreos da
Frouxeira o Concello de Valdoviño (solar da Rotonda, aparcamento, etc.)
O 29 de agosto de 1964 comprase o actual relo da casa consistorial a
"Manufacturas Blasco de Relojes Públicos" por un importe de 69.600
pesetas.
O 27 de novembro de 1965, crease por primeira vez unha praza de policía
local.
En Xuño do 1966 había no Concello 28 escolas- contando por separado as de
cativas e as de cativos - .
En setembro de 1966 aprobase a construción das primeiras aceiras da Porta
do Sol, cun presuposto de 447.039,33 pesetas.
O 17 de maio de 1968 aprobase a construción da caseta de socorrismo da
praia da Frouxeira.
O 13 de decembro de 1968 aprobase a construción do mercado municipal. A
obra entrejaráse en Xaneiro de 1977.
O 7 de febreiro de 1969, aprobase a compra dos terreos pra a construción
do jrupo escolar de Atios por 326.124 pesetas.

En Xaneiro de 1972, rematan os traballos de demolición da Capela de Santo
Tomé de Taraza.
En novembro de 1974, comeza o servizo de traída de aujas das Forcadas.
O último alcalde da ditadura foi Xosé Morales Crespo, o cal dirixiu a
alcaldía ata o 19 de abril de 1979, fecha na que e nomeado Manuel
Villarnovo Martínez.
As primeiras mulleres concellais foron: Mª. del Pilar Rey Orjales (AP) e
Mª. de las Mercedes González Vergara (PsdeG-PSOE) e tomaron posesión o 30
de Xuño de 1987.
A primeira alcaldesa foi Elisa Garrido Cantarero (PSdeG-PSOE) que accedeu
o carjo o 17 de Xuño de 1995.
No 1982 comezaban as obras da Casa da Cultura que sería inanjurada o 11 de
abril de 1994. O custe das mesmas alcanzaron os 90 millóns de pesetas.

O 5 de novembro de 1988 aprobase no pleno o actual escudo de Valdoviño.
O 8 de Xulio de 1993 concedéselle por vez primeira a Bandeira Azul a praia
da Frouxeira.
En Xulio de 1993, a Lajoa da Frouxeira inscríbese no convenio Ramsar. Ese
mesmo ano, aparece a primeira web non oficial do Concello de Valdoviño,
realizada pola Asociación Cultural Timiraus.
Entre 1993 e 1994 constrúese o faro de Punta Frouxeira.
No novembro de 1995, se instalan los primeiros contedores de recollida
selectiva de residuos urbanos.
En maio de 1999 inaugurase en Madrid a Semana de Jalicia. Recréanse
escenarios de Jalicia, e entre eles unha praia feita con area e cunchas da
Frouxeira.
No ano 2002 constrúese o parque eólico de "Novo".
|