En qué consiste a Exposión "No Photoshop" ??
Nesta exposición trátase de demostrar que:
o dixital pode seguir sendo algo natural.
Seguir sendo fiel ó significado da palabra Fotografía:
Representar a idea de escribir ou debujar con luz.
Hai uns anos a fotografía dixital comezou a gañarlle terreo á fotografía química, coa conseguinte perda das antigas técnicas de revelado e positivado do filme fotográfico. Agora, coa fotografía dixital os horizontes son enormes.
O retoque dixital envolve as nosas vidas: revistas, carteis, fotos caseiras, exposicións, periodismo etc... xa nada é seguro 100% que sexa real.
Nesta exposición, feita con cámaras dixitais, preténdese demostrar que a fotografía que consiste en disparar unha foto, e tal como saiu, "revelala" pode seguir existindo e tendo bos resultados.
o 100% destas fotos son 100% naturais. Ningún programa de retoque dixital reparou nelas. Nin para redimensionalas nin darlles luz ou algo parecido.
A exposición está formada por 31 fotos, e 1 pequeno monitor TFT no que se poderán visualizar mais fotos doutros tipos do autor.
Agardo que vos guste.