O ALTERISMO SUBXECTIVO/ABSTRACCIÓN APARENTE FIGURATIVA
Elementos instalados en microrealidades desapercibidas normalmente. En moitos dos casos realidades non sólidas. Xogos de luces e sombras. Realidades que se transforman cotianmente. Sorprendentemente raudas. Antítese das macropaisaxes sempre instaladas en sí (aparentemente).
Nesta forma de apropiarse de fugacidades de microrealidade entraría a formar parte, ademáis o infrarealismo ou a capacidade espontánea dun suxeito de plasmar (estas fugaces pero repetidas microrealidades) dunha maneira moi concreta (non abstracta na raiz) e determinantemente subxectiva das mesmas.
Resulta contradictorio pero podería formar parte de todas estas cousas algo que non é pequeno e que polo tanto non sería catalogado como microrealidade, mais si é real. Non abstracto na raiz e ademáis é transitorio, fugaz e cambiable moitas veces, segundo a segundo.
O que está enriba noso nun espacio aberto resulta para min un lenzo xigantesco pero en continua transformación. Pero este modelo, aínda macroreal está totalmente en consonancia coas outras vertentes anteriormente distintas.
A proposta, en definitiva, é capturar retazos reais, concretos pero fugaces e transformables (aínda que moitos deles se podan repetir) e desta maneira poder mostrar micro (ou macro) realidades que a miúdo pasan desapercibidas ou que non se lle dá a importancia que merecen.
Manifesto alteriano.
|
|
|