V O L V E R
 



O azul apagador de conciencia
O ceo negro coas cinzas do desespero
Tanto queime mollado eternamente
Pólvora mollada acalada
Revivir e remorrer ata o desquicie
Esquizofrenia de cores non verdes
Cando estamos vermellos
A piques de explotar de razóns
Cando non aturamos o negro no verde
Cando nos entran gañas de trouxar
O firmamento
Chegan as bágoas de crocodilo
De pterodáctilo… de dinosaurios
Azuis da falanxe das mans
E nos avivan e nos apagan
Súbennos e nos baixan
Argumentan con mangueiras
Póñennos coma pitas e pitos
E logo nos revolcamos
Pola borralla aínda acesa
E nos enchemos de queimaduras
Que curar con poesía mollada
Prenden apagan lume e auga
Someténdonos na barbarie
Ensuxando a vida e os hábitats
Non saben que é sagrada
Só saben de lume
Só saben de auga
Non saben que é sagrada
De ninguén! É sagrada
Para sempre e sagrada
O noso lume e a nosa auga
Se emborralla, desaparece… espanta
Como vós atrevedes… é sagrada!