4. Legislación
ACTUALIZADA

Volver a índice

Volver a menú principal

 

 

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DO ART. 13 SERVICIO DE TRANSPORTES

O excelentísimo Concello Pleno, na sesión do día vintedous de novembro de dous mil, acordou a aprobación inicial da modificación do artigo 13 do Regulamento do servicio de transportes de persoas en automóbiles lixeiros do Concello de Ferrol. Así mesmo adoptou o acordo de que de non se producir alegacións no período de exposición pública o acordado na aprobación inicial quedaría elevado a definitivo. Sendo este o caso, é polo que se procede á publicación do texto íntegro da modificación acordada que é o seguinte:

"Artigo 13º .- Autorízase ós titulares dos vehículos autotaxi á colocación de publicidade adhesiva nas portas traseiras dos vehículos.
A superficie ocupada non poderá exceder de 50 x 25 cm. As imaxes e mensaxes desta publicidade quedarán suxeitas ó disposto nas normas de Tráfico, Circulación e Seguridade Vial e demais normativa aplicable.
En calquera momento o Concello, mediante resolución motivada da Alcaldía, poderá ordena-la súa retirada e esta efectuarase de forma inmediata."

A presente modificación entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ferrol, 5 de febreiro de 2001.

Volver a índice

Volver a menú principal